Qué es CERES

Información Xeral

Por que xorde

A revolución da tecnoloxía de información, conxuntamente co desenvolvemento da infraestrutura de comunicacións, está facendo cambiar de xeito significativo as relacións entre individuos e organizacións, tanto en España como en todo o mundo. Estas novas formas de comunicación abren un grande abano de posibilidades tanto para cidadáns como para empresas e permiten comercializar produtos e servizos dun xeito áxil e económico.

En España, as distintas Administracións están a apostar con decisión por Internet como vía de comunicación, creando webs con información de interese público a disposición da cidadanía. Estas iniciativas están a ter unha grande aceptación e repercusión positiva na opinión pública, que demanda unha utilización máis xeneralizada da rede.

En que consiste

A máis ambiciosa destas iniciativas, postas en marcha pola Administración, é o denominado proxecto CERES (CERtificación ESpañola) que lidera a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre e que, en liñas xerais, consiste en establecer unha Entidade Pública de Certificación que permita autentificar e garantir a confidencialidade das comunicacións entre cidadáns, empresas ou outras institucións e administracións públicas a través das redes abertas de comunicación.

As posibilidades de CERES cobren todas aquelas relacións entre as distintas Administracións (Central, Autonómica e Local) e os cidadáns que necesiten manter a seguridade en termos de garantía de identidade, confidencialidade e integridade, co obxectivo de que CERES facilite ao máximo as súas relacións a través das novas redes de comunicacións.

Obxectivos

O obxectivo principal de CERES é manter a seguridade das comunicacións electrónicas coa Administración, sendo un intermediario transparente ao usuario que garantirá a cidadáns e Administracións a identidade de ambos os partícipes nunha comunicación, así como a confidencialidade e integridade da mensaxe enviada.

Para iso, CERES emprega técnicas e sistemas criptográficos baseados no que se coñece como sistema de clave pública, con dúas características básicas:

A identidade do usuario, ao igual que a súa capacidade de sinatura, atópase, no caso de máxima seguridade, almacenada nunha tarxeta intelixente que non pode ser accesible salvo polo seu propietario cando introduza o número de identificación persoal, similar á clave dunha tarxeta de crédito. En caso de non empregar tarxeta, o perfil criptográfico queda almacenado nun ficheiro, sendo necesario tamén un PIN de acceso.

O sistema é completamente transparente ao usuario, é dicir, non é necesario coñecer ningunha técnica criptográfica para realizar ou verificar unha sinatura electrónica ou ben cifrar ou descifrar unha mensaxe.

14733102
Certificados activos a fecha:
28/03/2024

Información Relacionada

Obtenga/Renueve su certificado: