Benvido

"A Fábrica Nacional de Moeda e Timbre eríxese como Autoridade de Certificación continuando o seu labor iniciado hai máis dun século: ofrecer seguridade.

Agora en Internet"

Certificacións de calidade e premios outorgados ao proxecto CERES

  • PlanE
  • Crónica Gráfica
  • IQNet
  • AENOR
  • I Edición de Premios a las Mejores Prácticas en la Administración Electrónica 2003
Real Casa de la Moneda - Fábrica Nacional de Moneda y Timbre.

Nos últimos anos asistimos a un proceso de modernización das Administracións Públicas.

Os cidadáns demandan unha administración áxil, que ofreza os seus servizos en consonancia cos novos factores tecnolóxicos: Internet, telefonía móbil...


Os servizos telemáticos achegan o portelo das distintas AA PP ao fogar dos cidadáns, en horario 24 horas os 7 días da semana, evitando así desprazamentos, esperas, paseos de portelo en portelo, etc.

Obteña

Un gran número de Institucións de todos os eidos da Administración (A.X.E., Autonómica e Local) están xa a se beneficiar das vantaxes da Administración Electrónica e, concretamente, do uso da sinatura electrónica, tanto nas súas xestións internas como na súa relación cos cidadáns.


Algúns exemplos dos servizos ao cidadán que as distintas AA PP están a ofrecer son:

  • Presentación de recursos e reclamacións
  • Introdución dos datos do censo de poboación e vivendas
  • Presentación e liquidación de impostos
  • Consulta e inscrición no padrón municipal
  • Consulta de multas de circulación
  • Domiciliación bancaria de tributos municipais (IBI, IVTM, IAE...)
  • Consulta e trámites para solicitude de subvencións
  • Consulta de asignación de colexios electorais
  • Actuacións comunicadas
  • Sinatura electrónica de documentos oficiais e expedición de copias compulsadas.