Benvido

"A Fábrica Nacional de Moeda e Timbre eríxese como Autoridade de Certificación continuando o seu labor iniciado hai máis dun século: ofrecer seguridade.

Agora en Internet"

Certificacións de calidade e premios outorgados ao proxecto CERES

  • PlanE
  • Crónica Gráfica
  • IQNet
  • AENOR
  • I Edición de Premios a las Mejores Prácticas en la Administración Electrónica 2003
Real Casa de la Moneda - Fábrica Nacional de Moneda y Timbre.

Un Usuario de Internet que obtivese o seu certificado electrónico FNMT pode realizar todo tipo de trámites de modo que queda garantida a súa verdadeira identidade.

Un Usuario de Internet que obtivese o seu certificado electrónico FNMT pode realizar todo tipo de trámites de modo que queda garantida a súa verdadeira identidade.


Ademais permite asinar electronicamente formularios e documentos electrónicos coa mesma validez xurídica que se asinase “da súa propia man" o mesmo documento en papel.

 

Isto permite que a día de hoxe se poidan realizar multitude de xestións dende casa, evitando desprazamentos e colas, durante as 24 horas do día.

 

Tan só debe dispoñer dunha conexión a Internet e do certificado electrónico FNMT, cuxa obtención é gratuíta.

Obteña

A obtención do certificado electrónico de usuario é totalmente gratuíta.

 

Con este certificado, vostede poderá realizar un gran número de xestións ofrecidas polas AA PP e Empresas a través das súas páxinas web.

 

Algúns exemplos dos servizos ao cidadán que as distintas AA PP están ofrecendo son:

 

  • Presentación de recursos e reclamacións 
  • Introdución dos datos do censo de poboación e vivendas
  • Presentación e liquidación de impostos
  • Consulta e inscrición no padrón municipal
  • Consulta de multas de circulación
  • Domiciliación bancaria de tributos municipais (IBI, IVTM, IAE...)
  • Consulta e trámites para solicitude de subvencións
  • Consulta de asignación de colexios electorais
  • Actuacións comunicadas
  • Sinatura electrónica de documentos oficiais e expedición de copias compulsadas.

Pode ampliar esta información na sección "Onde usar o certificado"