Real Casa de la Moneda - Fábrica Nacional de Moneda y Timbre.

Obter el certificado

CERTIFICADO DE USUARIO

PROCESO

O proceso divídese en tres apartados que se deben realizar na orde sinalada.

IMPRESCINDIBLE:

Non formatear o ordenador. Débese realizar todo o proceso de obtención dende o mesmo equipo, co mesmo usuario e o mesmo navegador.

Antes de continuar co proceso de Solicitude de Certificado, lea atentamente a Declaración de Prácticas de Certificación.

1 Solicitude vía internet do seu Certificado.

Ao remate deste proceso obterá un código que deberá presentar ao acreditar a súa identidade.

2 Acreditación da identidade nunha Oficina de Rexistro.

Se vostede solicitou un certificado de persoa física, pódese dirixir a calquera das Oficinas de Rexistro dos Organismos acreditados.

Para a súa comodidade, pode vostede facer uso do noso servizo de localización das OFICINAS MÁIS PRÓXIMAS.

Teña en conta que se vostede solicitou un certificado de persoa xurídica (ou de entidade sen personalidade xurídica) para o ámbito tributario, débese dirixir unicamente ás Oficinas de Rexistro da Axencia Tributaria.

O rexistro de usuario é presencial. Isto aumenta o nivel de seguridade do sistema.

3. Descarga do seu Certificado de Usuario.

Uns minutos despois de ter acreditado a súa identidade nunha Oficina de Rexistro, facendo uso do código de solicitude obtido no paso 1, poderá descargar o seu certificado dende esta páxina web.

NOTA: Se vostede elixiu unha Oficina de Rexistro da Axencia Tributaria para acreditar a súa identidade, debe agardar ao día seguinte para proceder á descarga do certificado.

Copia de seguridade. Paso recomendado.

Máis sobre o proceso de exportación do certificado.